Adif licita a redacción do proxecto de construción da intermodal de Lugo
Publicado o 17/04/2019 15:25
Adif licita a redacción do proxecto de construción da estación intermodal de Lugo. A nova intermodal, que integrará as estacións de tren e autobús, tamén contará cunha gran praza cuberta, un aparcadoiro soterrado e un paso inferior que a conectará coa cidade. Os traballos contan cun orzamento dun millón cen mil euros e o obxectivo é iniciar as obras durante o ano que vén.
A conselleira de Infraestruturas critica que o Ministerio de Fomento non lles dea ningunha información sobre este proxecto. Ethel Vázquez asegura que descoñecen como se vai pagar a nova intermodal e como se van resolver os atrancos urbanísticos.