CRTVG

Buscar

Adif garante o AVE galego para o vindeiro outono

Publicado o 16/03/2021 10:28
Adif garante o AVE galego para o vindeiro outono

A presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), Isabel Pardo de Vera, mantén o horizonte do outono deste 2021 para a posta en servizo da alta velocidade galega. "A non ser que haxa por aí alguén que nos faga vodú", matiza nunha entrevista concedida a Onda Cero Galicia.

Asegura que os seus equipos están a deixar a saúde para conseguilo, pero entende o "descrédito" logo de "tantas parálises, tantas incidencias, tantas penurias" e, incluso, "tantas xestións cuestionables", engade.

Segundo Isabel Pardo, nestes momentos as probas van "moi ben" e non se están a topar incidencias importantes.