CRTVG

Buscar

Adif agarda que a estación de Vigo estea rematada en seis meses

Publicado o 26/03/2021 16:54

En seis meses estará rematada a nova estación de tren de Vigo. Son as previsións que manexa Adif, cuxa presidenta visitou este venres as obras da nova infraestrutura integrada no complexo Vialia. A terminal tamén albergará un centro comercial e a nova estación de autobuses que financia a Xunta de Galicia.

Este proxecto, estratéxico para a cidade olívica, suporá unha transformación urbana, que aposta pola intermodalidade e que, segundo a conselleira de Infraestruturas, é un primeiro paso para avanzar na conexión con Portugal mediante a alta velocidade.

Noticias web

26/03/2021