CRTVG

Buscar

A galega Adi Iglesias logra a súa segunda medalla nos Parolímpicos de Tokyo

Publicado o 04/09/2021 04:19
A galega Adi Iglesias logra a súa segunda medalla nos Parolímpicos de Tokyo

Adiaratou Iglesias gañou a medalla de prata nos Xogos Paralímpicos de Tokio na proba de 400 metros da clase T13 de discapacitados visuais. Conseguiuno catro días despois de gañar o ouro nos cen metros.

A atleta afincada en Lugo correu os 400 metros en 55.53 segundos, a súa mellor marca persoal. Só foi superada na meta pola azerbaiana Lamiya Valiyeva, que bateu o récord paralímpico con 55.00 segundos. Adiaratou Iglesias ten 22 anos e estes son os seus primeiros Xogos.