CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

Adianto de contidos do 'Telexornal mediodía'

Publicado o 24/02/2018 14:01

É o momento do avance informativo. Un resumo das noticias do día que nos trae Irene Lourido. Bos días, Irene.

Prisión provisioinal comunicada e sen fianza.
Pasou esta mañá a disposición xudicial na Coruña o home detido onte como autor confeso dun atropelo mortal en Culleredo. O atropelo tivo lugar o dous de xaneiro, e acabou coa vida dun home de 68 anos. O condutor da furgoneta que o arrolou deuse a fuga. E tras case dous meses de investigacións o vehículo foi localizado e o home detido. O día do atropelo conducía co permiso retirado tras perder todos os puntos do carné.