Adían a agosto a Rapa das Bestas de Sabucedo
Publicado o 12/05/2020 21:18

A tradicional Rapa das Bestas de Sabucedo, prevista entre o 3 e o 6 de xullo, acaba de ser adiada. Os organizadores consideran moi precipitado celebrala nesas datas, pero confían en que se poida facer no mes de agosto se a desescalada evoluciona ben. Con todo, serán os veciños os que decidan a nova data, sempre que se cumpran os criterios sanitarios.