CRTVG

Buscar

Adiado unha semana o xuízo a un home por abusos, malos tratos e ameazas a tres mulleres da mesma familia

Publicado o 03/05/2021 13:14

O xuízo estaba fixado para esta mañá na sección primeira da Audiencia da Coruña, pero non chegou a celebrarse. Acordouse adialo unha semana para facilitar o dereito á defensa, porque o avogado do procesado tiña solicitada unha proba que non chegou a tempo.

Gustavo Peña, avogado da acusación particular: "Acordouse a celebración para a próxima semana. As partes aproveitaremos esta oportunidade para tratar de concretar algún tipo de acordo coa defensa para chegar a unha conformidade. Eso será durante os próximos días".

O acusado, en prisión provisional desde hai un ano, enfróntase a unha petición de máis de vinte anos de cárcere. A fiscala acúsao de ata once delitos: abusos sexuais, revelación de segredos, coaccións, ameazas e vexacións, dos que serían vítimas a que era a súa parella sentimental, a nai dela e a filla menor de idade.