CRTVG

Buscar

Adiado o Rally de Noia previsto para o mes de abril

Publicado o 02/03/2021 16:46

Foi aprazado o Rally de Noia previsto para o mes de abril.

Era a primeira proba do campionato galego tras o aprazamento da cita de Coruña. Posponse polas restricións vixentes a causa do coronavirus. A organización do Rally de Noia entende que nas actuais circunstancias é imposible a proba con normalidade. O Rally de Noia cumpriría este ano a súa 37ª edición. Agora buscan outra data.

 

Noticias web

02/03/2021