Adi Iglesias logra medalla de prata nos 400 metros e mellora a súa marca persoal (55.53)
Publicado o 04/09/2021 11:13

Adiaratou Iglesias gañou a medalla de prata nos Xogos Parolímpicos de Tokyo na proba de 400 metros da clase T13 de discapacitados visuais.
Conseguiuno catro días despois de gañar o ouro nos cen metros. A atleta asentada en Lugo correu os 400 metros en 55,53 segundos, a súa mellor marca persoal.
Só foi superada na meta pola azerbaixana Lamiya Valiyeva, que bateu o récord parolímpico con 55.00 segundos. Adiaratou Iglesias ten 22 anos e estes son os seus primeiros Xogos.