CRTVG

Buscar

Adi Iglesias: "Estou moi nerviosa polos Xogos, pero vai ser unha boa experiencia"

Publicado o 09/06/2021 19:34

E hoxe os nosos atletas paralímpicos estiveron de estrea. A selección paralímpica española presentou hoxe o equipamento que vai lucir en Toquio. E alí vimos a Desirée Vila e Adi Iglesias desfilar coma modelos. Tamén participou o nadador coruñés Jacobo Garrido. Entre os traxes da cerimonia inaugural, a roupa para estaren na Vila Paralímpica e competiren e a indumentaria coa que subirán ao podio para recibir as medallas son máis de 18.000 pezas de roupa as que levará a expedición, que, entre nervios, conta os día para acudir á gran cita segundo lle confesaba Adi a Desirée Vila.

Noticias web

09/06/2021