CRTVG

Buscar

Adi Iglesias e Desirée Vila vivirán en Toquio a súa estrea olímpica

Publicado o 19/08/2021 13:54

No 2018, Desirée Vila comezou a ver Toquio como unha meta, pero atopábase lonxe da marca mínima requirida. Este ano todo cambiou: coa clasificación olímpica no peto, no Europeo de Polonia colgou a medalla de bronce. Ledicia por poder representar os deportistas paralímpicos.

Subcampioa do mundo en 100 e 200 metros, Adi Iglesias ten a esperanza de estar de novo nunha final en Toquio. De momento non se atreve a falar dunha medalla. Confía en si mesma e na súa preparación durante este último ano.

Rumbo a Toquio, dentro duns días cumprirán o soño de participar nunha cita olímpica.

Noticias web

19/08/2021