CRTVG

Buscar

Adi Iglesias, a raíña da velocidade, xa está na casa

Publicado o 07/09/2021 20:57
Adi Iglesias, a raíña da velocidade, xa está na casa

Unha das grandes triunfadoras dos Xogos Paralímpicos, Adi Iglesias, xa está na casa. E na súa chegada a Lugo recibiu unha calorosa benvida por parte de numerosos familiares e amigos que acudiron á estación de tren, encabezados, como non, pola súa orgullosa nai. Adi regresou a Galicia tras converterse na atleta con discapacidade visual máis rápida do mundo. Gañou os cen metros lisos e foi prata nos 400.

Noticias web

07/09/2021