CRTVG

Buscar

Adeus ao peche: Mos baixa a incidencia á metade nunha soa semana

Publicado o 07/06/2021 16:17

Volven abrir os seus negocios e fano coa esperanza de non ter que volver atrás. No primeiro día de alivio das medidas as terrazas do municipio enchíanse desde primeira hora. Faltaban mesas para todos os clientes porque a capacidade está limitada ao 50 por cento.

A incidencia experimentou un descenso notable dos más de 600 casos por cada cen mil habitantes da semana pasada aos 298 deste luns. Levántase o peche perimetral e permítense as reunións entre non conviventes.

Os cincuenta e tres casos activos actuais supoñen unha melloría que permite comezar unha desescalada moi agardada no municipio.

Coa tendencia á baixa no número de contaxios, os mosenses agardan cumprir cos criterios fixados polo comité clínico para un novo alivio das medidas.

Noticias web

07/06/2021