CRTVG

Buscar

Adegas embotellan o viño sen ter a quen venderllo na Ribeira Sacra

Publicado o 01/05/2020 16:01

 Quixo a pandemia que a vendima máis abundante da historia da Ribeira Sacra, vaia ser a que menos saída teña. O parón da hostelería paralizou as vendas en adegas como a de Alfonso, que dá por perdida a campaña.


A colleita teñen que embotellala igual para facer sitio para a seguinte vendima. Pero é posible que algunhas adegas queden no camiño, así que piden as administracións un plan específico de axudas.

Non ingresan cartos, pero os gastos continúan, na adega e na viña. Sen ir máis lonxe, esta fin de semana toca botar unha segunda man contra o Black Rot, un fungo q pode secar os acios se non se atalla a tempo.

Noticias web

01/05/2020