Adegas de Valdeorras contratan xornaleiros do estranxeiro ante a falta de man de obra local
Publicado o 27/08/2021 11:21
Ante a falta de vendimadores da comarca de Valdeorras, algunhas adegas optaron por contratrar xornaleiros profesionais de fóra.
Nos últimos anos as dificultades para contratar persoal agudizouse, un problema común nas denominacións de orixe galegas.
Din que houbo moitas contratacións nas canteiras e a xente nova busca traballos máis estables. Con todo, algunhas adegas como esta seguen buscando xornaleiros locais.
Varias adegas comezan xa a vendima esta fin de semana na D. O. Vadeorras. Para estes traballos van chegar uns 100 xornaleiros contratados das cuadrillas de Murcia.