CRTVG

Buscar

Adaptan os seus camións para que sexan unidades móbiles para os tests

Publicado o 22/04/2020 14:22

A idea xurdiu dunha empresa coruñesa especialista en montar unidades móbiles para eventos de todo tipo. Desta volta decidiron converter os seus camións e camionetas en laboratorios rodantes para a práctica de probas rápidas PCR. Esta que ven é unha delas.

As unidades móbiles están divididas en tres instancias: a de atención aos usuarios, a de laboratorio, na que se practican as probas, e a de residuos, onde se desbota o lixo sanitario. Os vehículos contan con zona de control da temperatura corporal, alfombra húmida con auga ozonizada na entrada e un sistema de purificación de aire por ozono e raios ultravioleta. Consideran que son especialmente útiles en determinados casos

De momento, hai tres unidades dispoñibles. A empresa asegura que dispón dunhas vinte de distintos tamaños, dende furgonetas pequenas a grandes camións, e igualmente adaptables para que se poidan realizar os tests en cuestión de minutos e en calquera lugar do país.

Noticias web

22/04/2020