CRTVG

Buscar

Acusan o mozo de Nerea Añel de homicidio doloso tras constatar falso testemuño

Publicado o 18/06/2021 19:48

• Difunden as primeiras imaxes da reconstrucción do crime de Nerea Añel

A Policía Nacional facilitou esta tarde imaxes da reconstrucción do crime de Nerea Añel, nas que se pode ver o presunto responsable da súa morte percorrendo de novo o lugar no que a moza foi vista por última vez con vida. Julio González Sierra era o mozo de Nerea, por iso o caso está no xulgado de violencia machista.

A policía atribúelle un homicidio doloso, é dicir, intencionado. Nerea faleceu por unha fractura de cráneo ocasionada, supostamente, por un impacto contra as pedras do río. O investigado, que xa está en prisión por outros delitos, entrou en moitas contradicións ao longo da instrucción do caso. 

Os restos mortais de Añel foron atopados en setembro de 2020 a menos de 250 metros do hotel Cancún (Barbadás), último lugar en que foron vistos xuntos. Entre as súas roupas, apareceu unha tarxeta bancaria a nome de Julio, o que para os axentes acreditaría aínda máis a relación que mantiñan nesa época.

Os feitos remóntanse a finais de xaneiro do ano pasado cando a moza foi vista por última vez. O 5 de febreiro, a nai denunciou a súa desaparición ao non ter noticias da súa filla desde mediados do mes de xaneiro.

As investigacións preliminares apuntaban a que a mozo se atopaba ese día acompañada de Julio, máis coñecido como Julito, nas inmediacións do motel Cancún. Naquel momento, o acusado declarou que estivera con Nerea o día 13 de xaneiro no motel, pero que non a volveu ver xa que fora detida pola Garda Civil. Con todo, os investigadores descartaron dita hipóteses tras confirmar que ambos estaban xuntos nos accesos ao motel Cancún, fuxindo os dous á carreira.  Ao redor da unha, Julito volveu ao motel en visible estado de nerviosismo, sen Nerea.

Doutra banda, as testemuñas descartaron a presenza nin a intervención de ningunha patrulla da Garda Civil ese día pola zona, como indicara Julio González. Os informes forenses constataron signos de violencia no corpo de Nerea Añel, relativos a unha fractura de cranio e que serían compatibles con un posible impacto contra o chan da coroa coincidente coa canle do río entre paredes graníticas nesa zona.

Pola súa banda, o sospeitoso, que está a cumprir condena en prisión por outro delito e que se negou a declarar, participou recentemente na reconstrución dos feitos. 

Noticias web

18/06/2021