CRTVG

Buscar

Acusan a Formoso e a Besteiro de manobrar contra Gonzalo Caballero

Publicado o 18/08/2021 16:07

O número dous da executiva dos socialistas galegos, José Antonio Quiroga, defendeu o secretario xeral, Gonzalo Caballero, como o futuro do seu partido na comunidade.

Nun artigo publicado hoxe no xornal El Progreso, Quiroga asegura que o presidente provincial da Coruña, Valentín González Formoso, e o exsecretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, estarían organizando un movemento para recuperar o control do partido.

O delegado do Goberno aféalle a Quiroga este artigo, pero evita pronunciarse publicamente. Mentres, Gonzalo Caballero responde que está ocupado en resolver os problemas dos galegos e que falará cando corresponda.

Noticias web

18/08/2021