CRTVG

Buscar

Acto de irresponsabilidade do cadro de xogadores do Barcelona con Messi á cabeza

Publicado o 04/05/2021 17:59

Acto de irresponsabilidade do cadro de xogadores do Barcelona con Messi á cabeza e exercendo de anfitrión. Os xogadores do Barcelona incumpriron os protocolos sanitarios do Goberno e da Generalitat. Xuntárose no domicilio de Messi para un xantar en que había entre corenta e cincuenta persoas máis alá de que fose ao aire libre.

Xogadores e as súas parellas participaron no asado que organizou Messi, o capitán barcelonista. As restricións pola Covid son de obrigado cumprimento. Non máis de seis persoas. Ata algún xogador como Pedri subiu ao coche sen máscara.

Esta situación modifica a burbulla en que viven cando están concentrados os futbolistas pola incorporación das súas parellas. A liga abriu un expediente informativo.