Telexornal Serán
Acto central do Día das Letras Galegas en Pontevedra, cunha sesión extraordinaria da Real Academia Galega
Publicado o 17/05/2018 20:42
O acto central deste día das Letras celebrouse en Pontevedra, onde a Real Academia Galega celebrou unha sesión extraordinaria.
Nos discursos reivindicouse a unha María Victoria Moreno escritora, mestra e muller, quen chegando de fóra do país se entregou por completo non só ao idioma, senón que foi máis alá.
Ensalzouse a unha muller que en palabras de Xesús Alonso Montero "protagonizou unha proeza nun tempo e espazo que esixía determinación", para converterse na gran escritora que foi nunha lingua que fixo súa.