CRTVG

Buscar

Activo un incendio no norte de Tenerife e outro en Gran Canaria

Publicado o 24/02/2020 08:30

No arquipélago canario non acaba aquí a cousa. Incendios en Gran Canaria e en Tenerife Norte. As fortes rachas de vento da fin de semana complicaron a situación, pero nas últimas horas o vento baixou a súa intensidade, polo que quedou descartado o nivel 2 de alerta.

O lume en Tenerife Norte está controlado, salvo un foco na localidade de Santa Úrsula. No incendio en Gran Canaria, que afecta os municipios de Tejada e Aldea, continúan a traballar para o seu control 90 efectivos da UME, a Garda Civil e efectivos antiincendios. Centos de persoas tiveron que ser evacuadas debido ao lume.

Noticias web

24/02/2020