CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio forestal de Quiroga con 140 hectáreas arrasadas

Publicado o 25/07/2019 15:24

Un incendio forestal en Quiroga queimou máis de 140 hectáreas na contorna de Montefurado. Na zona traballaron un avión, sete helicópteros, sete camións motobomba, catorce brigadas de bombeiros forestais e seis axentes medioambientais. As lapas chegaron preto da aldea do Ermidón, ameazaron tamén a Nacional 120 e a liña ferroviaria entre O Barco e Monforte.

O incendio forestal declarouse ás cinco e media da tarde de onte, mércores.

Noticias web

25/07/2019