Extinguido o incendio forestal da Mezquita que afectou 161 hectáreas
Publicado o 04/01/2019 08:37

Quedou extinguido o incendio forestal co concello ourensán da Mezquita, na parroquia de Castromil. Segundo as última estimacións, arrasou un total de 161 hectáreas, das cales 155 son de monte raso e as 6 restantes de arborado. O lume comezou con varios focos simultáneos e nel traballaron 4 axentes, tres brigadas, dous avións e un helicóptero.