Activo un incendio en Cuntis e extinguido o de Quiroga

Desde as 18:00 h desta tarde, atópase activo un incendio no municipio de Cuntis, na parroquia pontevedresa de Cerqueril.
A Consellería do Medio Rural informa de que a pesar de que o lume está activo, "evoluciona favorablemente". Dous avións, tres helicópteros, nove brigadas, cinco motobombas, tres axentes e unha pa son algúns dos medios que están a traballar no lume.
No tocante aos incendios orixinados na fin de semana, cabe dicir que o que se produciu na parroquia do Hospital, en Quiroga, xa está extinguido, despois de arrasar case 150 hectáreas. O alcalde desa localidade do sur de Lugo manifestou o seu convencemento de que o incendio foi intencionado.
EXTINGUIDO o o #IFHospitalQuiroga, que afectou, segundo as últimas estimacións, 149,8 hectáreas,
— incendios 085 (@incendios085) September 16, 2019