Activo un incendio en Arteixo e estabilizado outro no polígono de Pocomaco, na Coruña
Publicado o 13/07/2020 21:11
Un incendio forestal declarouse esta tarde no lugar de Vío, nas inmediacións do polígono de Pocomaco, na Coruña. Nos labores de extinción traballan varias dotacións dos bombeiros municipais, así como un helicóptero do servizo antiincendios da Xunta. O vento dificultou os labores de extinción do lume, que prendeu nunha zona de matogueira e o fume estendeuse sobre o polígono empresarial. Outro incendio declarouse tamén esta tarde no lugar de Suevos, en Arteixo. Os medios aínda traballan agora para tratar de sufocalo.