CRTVG

Buscar

Activada a alerta laranxa por tormentas e treboadas nas provincias de Lugo e Ourense

Publicado o 16/06/2021 09:15
Activada a alerta laranxa por tormentas e treboadas nas provincias de Lugo e Ourense

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa por tormentas e treboadas nas provincias de Ourense e Lugo. A Axencia Estatal de Meteoroloxía avisa de que a partir das 12:00 horas se espera un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa que afectará o centro, montaña e sur da provincia de Lugo. Afectará tamén o sur, a montaña e as zonas do Miño e Valdeorras, na provincia de Ourense.

Prevese unha precipitación acumulada de 30 milímetros por hora, sarabiada e refachos moi fortes de vento.

Actívase unha alerta amarela por tormentas e treboadas no interior das provincias da Coruña e Ourense, que comezarán ás 12:00 horas. Prevese unha precipitación acumulada nunha hora de 20 milímetros, saraiba e fortes ventos segundo informou a Xunta.

Noticias web

16/06/2021