CRTVG

Buscar

Acordoan unha rúa de Tomiño tras un suposto episodio de violencia machista

Publicado o 18/05/2021 15:13

En Tomiño, a Garda Civil acordoou nas últimas horas, co apoio dos bombeiros, a rúa Gondomar, despois dun suposto episodio de violencia machista.

A presunta vítima non quixo denunciar agresión ningunha, pero, alertados por veciños que sostiñan que un home escapara polos tellados dos edificios, os axentes despregaron un dispositivo de localización que, ao final, non deu resultado.

O home ten antecedentes e mesmo unha requisitoria para responder ante a xustiza que prescribiu recentemente, polo que a súa busca foi, finalmente, desactivada.

Noticias web

18/05/2021