CRTVG

Buscar

Siemens Gamesa pechará a planta das Somozas e despedirá os 215 traballadores

Publicado o 19/02/2021 17:26

A multinacional Siemens Gamesa rexeitou todas as alternativas e executará o peche da planta das Somozas, na provincia da Coruña. Polo tanto, despedirá as 215 persoas que forman o cadro de persoal a través dun expediente de regulamento de emprego.

A última xuntanza da mesa de negociación, que se celebrou en Madrid, durou unhas doce horas. Nese encontro, os representantes sindicais só poideron negociar unha serie de condicións para abandonar a factoría. Este sábado deciden en asemblea se as aceptan ou non.

"Imos ter mañá ás 10 e media unha asemblea onde se lle vai explicar ao cadro de persoal todas as condicións que traen e que puxo a empresa. Isto xa o viamos vir dende hai tempo, queriamos que houbese investimentos e ninguén nos fixo caso", lamenta Ángel Fernández, membro do comité de empresa. 

Noticias web

19/02/2021