Acordo de mínimos para investir 115 millóns nos sectores produtivos
Publicado o 29/06/2021 17:02

A Comisión de Reactivación do Parlamento galego xa ten unha proposta para investir 115 millóns de euros na recuperación dos sectores produtivos. A comisión creouse hai 9 meses para ofrecer proxetos que axudaran a recuperar Galicia logo da crise da pandemia.
O documento inicial do grupo popular incorporou un 10 por cento de iniciativas negociadas coa oposición. Aínda así, os tres grupos están dispostos a seguir dialogando para chegar a máis acordos. Terán 15 días por diante, ata que se voten as propostas definitivamente no derradeiro pleno do curso.