Acórdase un reforzo policial tras seren atacados varios axentes con munición na Línea de la Concepción
Publicado o 14/05/2021 08:46

Policías e gardas civís piden que se reforce o dispositivo de seguridade despregado na localicade da Línea de la Concepción. Din que o reforzo é necesario para responder con contundencia aos disturbios que levan tres días sacundindo ese municipio gaditano.
Nas últimas horas, os axentes foron atacados con munición real. Os incidentes comezaron tras a morte de dous veciños que naufragaron dcespois de fornecer supostamente de gasolina unha narcolancha e ao se estender a noticia falsa de que as forzas de seguridade non os auxiliaron.
A Subdelegación do Goberno xa anunciou que se reforzarán os efectivos policiais na zona.