CRTVG

Buscar

Tres detidos polo acoitelamento dun hostaleiro en Ourense, que está grave

Publicado o 02/05/2021 17:21

 

 

A vítima ten 39 anos e rexenta un bar da zona dos viños de Ourense. Preto das dez da noite foi agredida cun coitelo de cociña presuntamente por un matrimonio veciño do local.

A muller, de 47 anos, foi detida co coitelo na man pola Policía Local. Cando os axentes chegaron ao lugar, manifestoulles que acoitelara o hostaleiro. Ao seu marido, de 60 anos, arrestárono no domicilio, segundo os axentes, a onde fuxiu tras a agresión. Detiveron unha terceira persoa por presunto atentado aos axentes policiais.

O propietario do bar foi trasladado en estado grave ao hospital universitario de Ourense. A investigación continúa.