CRTVG

Buscar

Acoitelan tres persoas na estación de Manchester

Publicado o 01/01/2019 20:32

A policía antiterrorista británica investiga un acoitelamento con tres feridos nas estación de tren de Manchester durante a Noitevella. O atacante, que gritou consignas islamistas mentres os acoitelaba, foi reducido e detido no momento por axentes da estación. Dúas das vítimas permanecen hospitalizadas con feridas abdominais, mentres que a terceira, un axente da policía de transporte, xa recibiu a alta.





 

Noticias web

01/01/2019