CRTVG

Buscar

Achégase a celebración do Día da Nai e os comerciantes confían en que esta data se converta de novo nun estímulo para o sector

Publicado o 26/04/2021 21:43

Nos escaparates anúncianse prezos reducidos. Descontos e promocións pensados para a celebración o vindeiro domingo do día da nai. Unha data que teñen moi en conta os comerciantes.

Tanto en grandes superficies como nas rúas de vilas e cidades, o pequeno comercio confía na reactivación da actividade durante esta semana.

Os comerciantes de barrio sinalan que a situación segue a ser complicada para eles. Apuntan a unha precarización laboral do sector agravada pola dura competencia das vendas en liña.

Para poñer en valor a proximidade impulsan iniciativas como a da asociación de comerciantes da rúa Barcelona da Coruña, que agasallará con flores as nais ao longo desta semana.

Noticias web

26/04/2021