CRTVG

Buscar

Achan o corpo dun home coas mans atadas en Chapela

Publicado o 30/01/2021 23:15
Achan o corpo dun home coas mans atadas en Chapela

Este sábado apareceu o corpo sen vida dun home de 51 anos, atado de mans e cunha bolsa na cabeza. O suceso tivo lugar en Chapela, Redondela, pasadas as sete e media da tarde.

Foi un amigo do falecido o que atopou o corpo e chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local e Nacional, que permanecían a última hora da noite á espera de que chegase a xuíza para proceder ao levantamento do cadáver. Serán a autopsia e a investigación as que determinen as causas do falecemento. Decretouse o segredo de sumario.