Un veciño de Chantada acepta dous anos de prisión por distribuír pornografía infantil
Publicado o 12/12/2019 11:53
Un veciño de Chantada acepta 2 anos de prisión por distribuír pornografía infantil nas redes sociais. O home almacenaba no seu ordenador centos de arquivos con vídeos e fotos de contido pedófilo que descargaba da Rede. A defensa chegou a un acordo con Fiscalía que pedía para o acusado 10 anos de prisión por un delito de corrupción de menores.
Así o explica José Gutiérrez Aranguren, avogado da Defensa o acordo: "Retirouse a parte que facía referencia a idade das vítimas, non hai evidencia de que foran menores de 13 anos, a colaboración do acusado no esclarecemento dos feitos investigados e a dilación indebida de seis anos dende que se produciron os feitos e se xulgaron".