CRTVG

Buscar

Acelérase o inicio da vacinación de menores de 30 polo aumento de contaxios

Publicado o 30/06/2021 08:56
Acelérase o inicio da vacinación de menores de 30 polo aumento de contaxios

O incesante aumento de contaxios entre os grupos non vacinados, especialmente os máis novos, acelerou os plans de vacinación das comunidades autónomas para empezar a inmunizar menores de 30 anos no mes de xullo. De feito, algúns territorios abriron xa o sistema de autocita.

A decisión coincide coa aparición dun gromo masivo relacionado con viaxes de fin de curso de estudantes ás Baleares que mantén illados 249 en Palma, máis de 4.000 persoas en corentena e máis de 1.200 afectadas da covid−19 hospitalizadas, entre elas un mozo de 18 anos de Elxe (Alacante) na UCI.

Aínda que a vacinación avanza con diferentes ritmos en cada comunidade autónoma, Sanidade amosouse partidaria de ir solapando os distintos grupos para deter os contaxios.

O Sergas acaba de empezar coa vacinación da franxa dos 30 aos 39 anos e mantén a inmunización de persoas de 40 a 49 anos.

A partir do mes de xullo, a Xunta agarda abrir o sistema de autocita para menores de 40 e maiores de idade. Respecto a escolares, quere seguir a estratexia nacional e, polo momento, non prevé "consideración especial" para o alumnado de Erasmus.

Noticias web

30/06/2021