CRTVG

Buscar

Acelérase a vacinación dos maiores de 80 anos na provincia de Ourense

Publicado o 01/04/2021 14:43

Acelérase a vacinación entre os maiores de 80 anos. A intención do Sergas é que todos reciban a primeira dose antes do luns. Por exemlo, na área sanitaria de Ourense, vanse administrar durante a ponte festiva da Semana Santa unhas 8.000 vacinas.

Non lles importou que fora festivo, a celebración para moitos foi esta. Citáronos para vacinarse nunha convocatoria extraordinaria, grazas a que chegaron doses da vacina de Moderna coas que non contaban.

No centro de saúde do Carballiño había hoxe 204 persoas citadas, e pola experiencia que teñen na vacinación de maiores, veñen todos.

Se se cumpren eses prazos, en cousa dun mes poderian ter completada a vacinacion dos maiores de oitenta anos en toda a provincia.

 

 

Noticias web

01/04/2021