Acciona despunta no IBEX tras vender a súa participación no hospital Álvaro Cunqueiro

O grupo construtor e enerxético Acciona sobe preto dun 3 % en Bolsa despois de acordar a venda ás xestoras de fondos Meridiam e Bestinver, por 484 millóns de euros, das súas participacións en oito concesións públicas, entre elas as do hospital vigués Álvaro Cunqueiro.
Pasado o mediodía, os títulos de Acciona gañaban un 2,98 por cento, a maior suba do IBEX 35, e sitúanse en 107,5 euros. O grupo revalorízase case un 22 % en novembro e un 15 % no que vai de ano.
A operación inclúe a venda das súas participacións na Autovía A-66 entre Xixón e Sevilla, a CM-42 entre Toledo e Tomelloso, o hospitaL Álvaro Cunqueiro de Vigo, o de Toledo, o Can Misses de Eivisae o Infanta Sofía de Alcobendas, ademais das accións no Canal de Navarra en na Facultade de Dereito da Universitat de Barcelona.
A xestora francesa Meridiam tomará participacións de referencia nos oito activos, un paquete valorado en 312 millóns.
BESTINVER, a xestora da propia Acciona, tomará participacións minoritarias a través do seu novo fondo de infraestruturas na autoestrada CM-42 e nos hospitais de Eivisa e Alcobendas por 45 millóns.
A operación ascende a 484 millóns, dos que 357 corresponden ao valor das participacións e 127 millóns á débeda asociada.