CRTVG

Buscar

Un morto nun accidente en Arbo e varios feridos, balance dun domingo con moitas xeadas

Publicado o 03/02/2019 22:20

O accidente sucedeu sobre as catro desta mañá, preto da estación do tren do concello pontevedrés de Arbo e a só un cento de metros da fronteira con Portugal. Un vehículo de alta gama íase fóra da estrada, arrincaba o peitoril da ponte e precipitábase á vía do tren dende unha altura duns dez metros.

Daniel Castelo Sarxento do Destacamento da Garda Civil de Tráfico do Porriño (Pontevedra) di que esta madrugada recibron unha chamada na central de Tráfico de Pontevedra, que participaban da saída dun vehículo marca Audi, modelo R8, a altura do quilómetro un da PO-405. Nesa saída de vía, que afectaba ao Audi , víronse dúas persoas complicadas. Desgraciadamente unha delas faleceu como consecuencia do accidente.

No vehículo viaxaban dous homes de nacionalidade portuguesa. O condutor puido saír polo seu propio pé do coche, pero o acompañante, de 34 anos, faleceu.

Daniel Castelo, Sarxento do Destacamento da Garda Civil de Tráfico do Porriño (Pontevedra) asegura que os s ocupantes do vehículo foron excarcerados por unha dotación de bombeiros de Ponteareas. Que foron trasladados ao Hospital Nícolas Peña, o falecido para realizarlle a autopsia, e o condutor do vehículo ao Centro Hospitalario de Vigo.

Ao lugar acudiu a Garda Civil de Arbo e varias patrullas do destacamento de Tráfico do Porriño, así coma os bombeiros de Ponteareas, que tiveron que excarcerar o falecido. Fontes da investigación confirman que o condutor deu positivo na proba de alcolemia e será investigado por un presunto delito de homicio imprudente.

A vía do tren quedou cortada durante cinco horas e dous convois que cubrían o traxecto dende Vigo con dirección a Ourense resultaron afectados. Os pasaxeiros tiveron que ser trasladados en autobús aous seus destinos.

As baixas temperaturas e as xeadas dificultaron a condución pola estrada e sobre as cinco da mañá volveu rexistrarse outra saída de vía. Desta volta aconteceu preto de Santiago de Compostela, na estrada que vai cara a Carballo. Unha moza tivo que ser excarcerada polos bombeiros composteláns cunha perna rota. Foi trasladada ao Hospital Clínico de Santiago, xunto co condutor do vehículo, que resultou ileso.

Noticias web

03/02/2019