Accidente laboral en Vigo: un operario cae desde un andamio
Publicado o 08/01/2021 14:41

Esta mañá, nunha céntrica rúa de Vigo, produciuse un accidente laboral do que afortunadamente só hai que lamentar un ferido.
Un operario que estaba a traballar na restauración dun edificio na rúa de Urzáiz precipitouse ao baleiro dende o andamio en que traballaba.
Na caída rompeu varias costelas. Ao lugar desprazouse unha ambulancia medicalizada, que o trasladou ao hospital.