CRTVG

Buscar

Accidente aparatoso entre dous camións na AP-9 en Vigo

Publicado o 09/10/2020 13:29

Un accidente aparatoso entre dous camións obrigou a cortar esta madrugada un dos carrís da AP-9 en Vigo, o que provocou importantes retencións. Foi unha persoa que circulaba por esta vía quen alertou os servizos de emerxencias.

Por causas que se descoñecen, un dos condutores perdeu o control do vehículo á altura de Candeán e foi bater contra o outro, deixando a carga esparexida pola calzada. Ningún dos condutores quedou ferido.

 

Noticias web

09/10/2020