CRTVG

Buscar

Accidentada persecución entre a Garda Civil e un presunto narcotraficante en Cádiz

Publicado o 05/12/2020 22:14

Unha accidentada persecución entre a Garda Civil e un presunto narcotraficante en Cádiz acaba cun detido e dous axentes feridos.
Todo empezou cando o condutor dun todoterreo fuxiu a gran velocidade logo de que a Garda Civil lle dera o alto. Tras a persecución o fuxido bateu contra o muro dunha igrexa provocando unha grave colisión coa patrulla que o perseguía. O estado do vehículo policial dá unha idea da intensidade do choque. Precisamente ese coche patrulla fora enviado recentemente ao campo de Xibraltar cun sistema reforzado no frontal para soportar as acometidas dos vehículos de narcotraficantes.
 

Noticias web

05/12/2020