CRTVG

Buscar

Absoltos todos os acusados da operación Zamburiña

Publicado o 24/02/2021 13:59
Absoltos todos os acusados da operación Zamburiña

Coñécese a sentenza sobre a presunta trama delituosa que se investigaba na comisaría da policía nacional da cidade de Ourense.

Os catro axentes da policía e nove presuntos traficantes de droga quedaron absoltos da denominada operación Zamburiña.

Enfrontábanse a penas que suman en total cen anos por delitos contra a saúde pública, revelación de segredos e omisión do deber de perseguir delitos.

Unha sentenza absolutoria coa que xa contaba a fiscalía tras a anulación das probas que os incriminaban. A fiscal anuncia recurso ante o Tribunal Supremo coa intención de que o xuízo se declare nulo e se repita.

 

Noticias web

24/02/2021