Absoltos dous ex-cargos do PSOE de Ourense acusados de espiar un compañeiro para frear a súa entrada nunha candidatura
Publicado o 28/10/2019 22:02
Absoltos dous ex-cargos do Partido Socialista de Ourense. Estaban acusados de espiar un compañeiro de partido para frear a súa entrada nunha candidatura.
A Audiencia Provincial de Ourense considera probado que Teresa Taboada, aspirante a encabezar as lista socialista ao Senado en 2015, contactou con Enrique Camoeiras, policía e membro da executiva socialista provincial para coñecer os antecedentes policiais dun compañeiro de partido que era un posible aspirante a integar a candidatura socialista. Aínda asi, o Tribunal absólveos por non quedar acreditado que difundisen eses datos.