CRTVG

Buscar

Abril de récord para o turismo en Ourense, con 32.000 viaxeiros

Publicado o 24/05/2019 15:40

Ourense está a rexistrar cifras de récord en canto a turismo neste 2019, preto de cen mil viaxeiros. Só en abril rozaron os 32.000. Convértese deste xeito no mellor mes fóra do período estival, dende que hai rexistros. A Cidade das Burgas, xunto coa Ribeira Sacra, son as zonas da provincia máis visitadas.  

Cando nin sequera chegaron os meses do verán, o certo é que Ourense xa ten un dato de récord neste 2019. Desta volta o número de visitantes que se achegan a coñecer a provincia. 96.700 no que vai de ano, e deles 32.000 no mes de abril, coincidindo coa Semana Santa.

Pero é sen dúbida o Camiño de Santiago un dos factores que máis visitantes atrae ata o interior de Galicia. Moitos son os que volven, despois de coñecer Compostela.

O noventa por cento dos que chegan a Ourense veñen do territorio nacional e só un dez por cento do estranxeiro. Segundo a enquisa de ocupación hoteleira publicada polo Instituto Nacional de Estatística este mes de abrill converteuse en Ourense no mellor fóra do período estival dende que hai rexistros.

Noticias web

24/05/2019