Participación histórica nas eleccións de Madrid, do 76 %
Foto: EFE
A participación das eleccións na Comunidade de Madrid celebradas este martes foi a máis alta nuns comicios autonómicos, cun 76,19 por cento, a pesar da pandemia e de convocarse en día laborable. Un total de 3.555.743 electores acudiron ás urnas fronte aos 3.251.386 que o fixeron nos anteriores comicios de 2019. Iso supón un aumento da participación de case 12 puntos con respecto á anterior cita electoral, na que votaron un 64,27 %.
Ademais, as eleccións celebradas este martes na rexión madrileña bateron récord de participación, tendo en conta que a máxima concorrencia ás urnas foi en 1995, cando acudiron un 70,36 por cento dos electores. Coa práctica totalidade do escrutino realizado, un 97,57 %, as abstencións supuxeron un 23,81 %, con 1.111.504 votos; as papeletas nulas, un 0,61 % (21.706), e os votos en branco un 0,53 % (18.663).
Votan os candidatos
O candidato de Ciudadanos á presidencia da Comunidade de Madrid Edmundo Bal chegou ás 9:44 ao centro cultural Alfredo Kraus, onde exerceu o seu dereito ao voto. Foi o candidato máis madrugador entre os seis partidos con representación na Asemblea. Tivo que facer cola ao chegar e pasadas ás dez da mañá depositaba o seu voto na urna.
A presidenta da Comunidade e candidata á reelección Isabel Díaz Ayuso votou no colexio La Inmaculada-Marillac, no distrito de Chamberí, ás 10:36.
Isabel Díaz Ayuso agradeceu o labor dos xornalistas e asegurou que "votar hoxe é seguro". A presidenta subliñou que "hai inmensas colas e iso significa que hai unha gran participación e que seguirán pedindo ao longo do día que a xente vaia votar".
ELECCIÓNS EN MADRID I
— G24 (@G24Noticias) May 4, 2021
O Goberno rexional informa de que o 100 por cento das mesas foron constituidas.
O candidato que votou máis cedo foi Edmundo Bal, de Cs. Xa o fixeron tamén Isabel Díaz Ayuso, do PP, e Pablo Iglesias, de Unidas Podemos
https://t.co/SKZokTQucf pic.twitter.com/mb59R6VniG
O candidato de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, votou no colexio A Navata de Galapagar, a onde chegou ás 9:35 e agardou cola xunto ao resto de electores, rodeado de xornalistas, fotógrafos e cámaras de televisión, ata que ás 10:15 abandonou o local de votacións.
Ante os medios de comunciación, Iglesias dixo que confiaba en que o Madrid da clase traballadora fose votar masivamente nas eleccións autonómicas deste martes e dar a vitoria a unha esquerda que "vai gobernar xunta", fronte a "corruptos, mentireiros e violentos" e "parando os pés á ultradereita".
A candidata de Más Madrid Mónica García animou os madrileños a aproveitaren o que "pode ser un día histórico" para "converter os aplausos en votos" e que así poidan ver "o bo por coñecer". García, que votou por correo, acompañou o seu pai para votar, cumprindo, segundo dixo, cunha "tradición familiar".
ELECCIÓNS EN MADRID I
— G24 (@G24Noticias) May 4, 2021
Xa votaron os principais candidatos. O último foi o do PSOE, Ángel Gabilondo. Mónica García, de Más Madrid, votou por correo. A candidata de Vox, Rocio Monasterio, fíxoo logo dun incidente con activistas de Femen.https://t.co/OJOcz8lzmC pic.twitter.com/sMzGDYfTQG
A candidata de Vox, Rocío Monasterio, votou no colexio San Agustín acompañada polo seu marido e deputado da formación de ultradereita Iván Espinosa de los Monteros. Á entrada do recinto produciuse un incidente pola presenza de cinco activistas de Femen que foron detidas por resistencia á autoridade.
Logo da detención, Monasterio accedeu ao colexio electoral rodeada dun gran dispositivo de seguridade.
Pola súa parte, o candidato do PSOE Ángel Gabilondo dixo que esperaba que as eleccións deste martes sexan un "impulso para a democracia" e confía en que os madrileños elixirán "o que convén neste momento e conxuntura".
Gabilondo votou no colexio Joaquín Turina, onde como en tantos outros había longas ringleiras para poder votar.
ELECCIÓNS EN MADRID I
— G24 (@G24Noticias) May 4, 2021
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o líder do Partido Popular, Pablo Casado, tamén votaron ao longo da mañá. Sánchez chama aos cidadáns a votar, mentres Casado fala dun "punto de inflexión" nestes comicios.
https://t.co/60pXQJ7emF pic.twitter.com/y5sfueNUzF
Un total de 5.112.658 persoas estaban chamadas a votar. Delas 259.411 solicitaron o voto por correo. Esa cifra supón un incremento do 41 % respecto ás eleccións autonómicas e municipais de 2019.
García, que votó por correo, ha acompañado a su padre a votar al colegio Montserrat, en el distrito de Retiro de la capital, cumpliendo según ha dicho con una "tradición familiar".