CRTVG

Buscar

Abren os accesos a Mercamadrid, pero as descargas tardan horas

Publicado o 11/01/2021 21:27

• Ducias de camións agardan a súa vez

Centos de camioneiros quedaron bloqueados pola neve nas estradas de todo o país. E a situación podería volver repetirse nas vindeiras horas. Desta volta, o problema será o xeo.

Sergio contábanos esta mañá que levaba case tres días bloqueado polo temporal con 11 toneladas de peixe no seu camión: "Estamos aquí tirados eu e varios compañeiros dende o venres ás 10 da noite máis ou menos".

Os accesos a Mercamadrid abríronse ao longo da xornada. E arestora Sergio xa está na central de distribución de alimentos. Pero alí hai tal colapso que tardará horas en poder descargar. Con sorte, agarda poder facelo de madrugada.

Despois, coma outros moitos, Sergio volverá ao seu punto de orixe cargado con outra mercadoría. O problema é que para esta noite agárdase unha baixada drástica das temperaturas que pode converter as estradas nos próximos en pistas de patinaxe. Aínda temos camións bloqueados e todo fai pensar que moitos volverán ter que parar na estrada no seu camiño de volta.

Noticias web

11/01/2021