CRTVG

Buscar

Abren o primeiro establecemento hostaleiro 100 % vegano de Galicia

Publicado o 01/07/2021 20:29

Xa está en funcionamento o primeiro establecemento de hostalería 100 % vegano de Galicia. Trátase dun conxunto de casas rehabilitadas no lugar do Viso, en Ourol. En cuxa construción e nos servizos que vai prestar non hai ningún tipo de aproveitamento nin explotación animal. A súa profesora é unha antiga profesora francesa de economía que decidiu poñer en práctica eses conceptos que ensinaba aos seus alumnos e construír este lugar de recollemento para persoas e animais en plena serra da Gañidoira.

Noticias web

01/07/2021