CRTVG

Buscar

Abren garderías ou salóns de peiteado en varias cidades europeas

Publicado o 21/04/2020 08:56

Un salón de peiteados en Dinamarca. Unha gardería en Noruega. Un paseo polo parque en Polonia... E así poderíamos seguir engadindo exemplos, como as tendas de bricolaxe en Bélxica ou os mercados ao aire libre na República Checa.

"Pero aínda non debemos perder de vista que, con todo, estamos no principio da pandemia...", afirmou Merkel para manter a tensión dos seus concidadáns horas despois de abrir os comercios de menos de 800 metros. Porque hai que lembrar que dos case dous millóns e medio de afectados no mundo, a metade son europeos.

Así que, entre medidas estrictas de distanciamento e hixiene, Europa comeza a dar pequenos pasos por zonas cara á desescalada e sitúa datas como o 4 e o 10 de maio como novas metas no calendario para comprobar como seguir profundizando na apertura durante a pandemia.

Noticias web

21/04/2020