CRTVG

Buscar

Abren con explosivos un caixeiro na Pastoriza e fanse cun botín duns 30.000 euros

Publicado o 01/05/2021 21:55

 

 

 Pasaba das dúas da mañá cando uns asaltantes atacaron con explosivos este céntrico caixeiro da Pastoriza, situado xusto a carón do centro de saúde e enfronte do Concello.

Malia a explosión, os veciños comentan que apenas sentiron ruxido ningún, como nos comenta este hostaleiro que ten o negocio a carón do caixeiro.

Este sábado houbo mercado na Pastoriza, e os feirantes foron os primeiros que viron as consecuencias da explosión

Dada a situación xeográfica da Pastoriza, todos os veciños subliñan o doado que o tiveron os asaltantes para fuxir e, tamén, que tiñan ben estudado o roubo.

Ademais, neste concello, no que houbo concentración hai xa ben anos, hai 1.200 kilómetros de estradas e pistas asfaltadas.Como consecuencia dos explosivos a estrutura do edificio quedou fortemente danada. A Garda Civil investiga para dar cos autores dos feitos.